TUI fly Netherlands
TUI fly Netherlands | ||
---|---|---|
IATA OR | OACI TFL | Indicativo ORANGE |
Fundación | 2005 (como Arkefly) | |
Aeroporto principal | aeroporto de Ámsterdam-Schiphol | |
Frota | 11 | |
Destinos | 63[1] | |
Holding | TUI Group | |
Páxina web: https://www.tui.nl |
TUI fly Netherlands, legalmente constituída como TUI Airlines Netherlands e anteriormente denominada Arkefly e Arke,[2] é unha aeroliña chárter neerlandesa con sede en Schiphol-Rijk.[3] É a filial neerlandesa do conglomerado alemán TUI Group e a súa base principal está no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol.
Historia
[editar | editar a fonte]TUI fly Netherlands ten as súas raíces en Air Holland, aeroliña fundada no ano 1981. Despois de problemas económicos Air Holland pasou a mans do Exel Aviation Group e tivo un novo comezo como HollandExel en marzo de 2004. En maio de 2005 o Exel Aviation Group declarouse en bancarrota. TUI Group fíxose cargo das actividades da aeroliña e bautizouna como ArkeFly. Ese nome procedía do maior turoperador neerlandés, Arke, que tamén é propiedade de TUI Group. A nova aeroliña operou o seu primeiro voo en setembro de 2005.
As operación en Curaçao, nas Antillas Neerlandesas, comezaron o 15 dexullo de 2004 como DutchCaribbeanExel, que era orixinalmente parte do Exel Aviation Group, pero posteriormente pasou a mans do TUI Group co nome de ArkeFly Curaçao. ArkeFly comezou a voar semanalmente a Sint Maarten dende Ámsterdam o 2 de decembro de 2007, pero deixou de operar ese servizo en novembro de 2008. En 2011 comezaron os servizos cara Orlando, Florida e Israel.
No mes de outubro de 2013 Arkefly cambiou o seu nome para Arke coa intención de reflectir a súa asociación coa axencia de viaxes do mesmo nome.
O 13 de maio de 2015 anunciouse que as cinco aeroliñas subsidiarias do TUI Group recibirían o nome de TUI, aínda que manterían certificados de operador distintos. Arke foi a primeira en cambiar o nome, sendo renomeada o 1 de outubro dese ano.[4]
Frota
[editar | editar a fonte]En decembro de 2020 a frota de TUI fly Netherlands estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
P | Y | Total | ||||
Boeing 737-800 | 1 | — | – | 189 | 189 | Vai ser retirado en 2020. |
Boeing 737 MAX-8 | 3 | 3 | – | 189 | 189 | Están almacenados polos problemas do modelo. |
Boeing 767-300ER | 1 | — | 31 | 264 | 295 | Vai ser retirado en 2020. |
Boeing 787-8 | 3 | — | 47 | 244 | 291 | |
18 | 291 | 309 | ||||
Total | 8 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TUI fly Netherlands (ed.). "Vliegbestemmingen TUI". Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ World Airline News (ed.). "Arkefly shortens its name to just Arke". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ TUI fly Netherlands (ed.). "Contact". Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ TUI fly Netherlands (ed.). "Arke en Holland International worden TUI". Consultado o 11 de xuño de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "TUI Airlines Netherlands Fleet Details and History". Consultado o 3 de decembro de 2020.